“La Tetera” foi un xornal tudense que comezou a súa andaina o 12 de outubro de 1913. Xorde coa vocación de contrarrestar a política municipal e do distrito do Baixo Miño que monopolizaba a familia Ordoñez, primeiro con Ezequiel Ordoñez González, deputado polo distrito entre 1879 e 1901 ao que sucede o seu fillo Mariano Ordoñez como deputado incuestionable entre 1903 e 1923. Na nosa cidade os representantes do ordoñismo na vida municipal e na vida social están encabezados por Venancio Lorenzo Rodríguez, que ocupou diversos cargos: concelleiro e primeiro tenente de alcalde (1893) e foi nomeado alcalde de Tui a finais de decembro de 1893. Foi tamén deputado provincial en 1896, 1901 e 1905. Volveu ser alcalde de Tui do 1 de xullo de 1909 ata o seu falecemento o 9 de setembro dese ano. A Venancio Lorenzo o sucede como representante do ordoñismo o rexistrador da propiedade José Emilio Herraiz Ruibal, que sen chegar a ocupar cargos no Concello controlaba a situación política do distri...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses