Dous recentes acontecementos nos ofrecen a oportunidade de abordar neste blog a presenza da obra do escultor Xoán Piñeiro na nosa cidade. Por unha banda, recentemente a Fundación Xoán Piñeiro ten editado en colaboración co Concello de Tomiño, o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia unha monografía dedicada a análise da súa traxectoria e obra, coordinado por Chus Martínez Domínguez. Nos últimos meses, por outra banda, o Concello de Tui ten promovido unha obra de remodelación da praza da rúa Ordoñez onde está instalada unha das esculturas de Piñeiro en Tui, a dedicada ao arcebispo tudense Manuel Lago González. Unha obra que implicou o traslado do monumento e unha remodelación deste espazo urbano. Curiosamente na obra monográfica antes mencionada so figura unha breve cita deste conxunto escultórico dedicado a Lago González, e que non é, como veremos, unha obra menor de Piñeiro. A outra obra de Xoán Piñeiro en Tui é o monumento dedicado a José Calvo Sotelo, situado no inicio da Avda ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses