O rico patrimonio que atesoura a nosa cidade non está cinguido unicamente aos elementos construídos que identifican a Tui, cómpre incluír neste concepto patrimonial, consubstancial á propia identidade tudense, outros aspectos, ás veces, considerados menores pero que son pezas necesarias na construción da nosa singularidade e na súa identificación por nós mesmos. Non somos os tudenses moi dados a valorar con xustiza os nomes propios que, ao longo do tempo, teñen enriquecido a nosa vida colectiva coas súas achegas ou traxectorias. Recuperar estes nomes é un xeito de revitalizar o pulso dunha colectividade e reivindicar a aportación tudense á cultura e historia de Galicia. Este pretensioso exordio serve para presentar neste post a un pequeno grupo de tudenses, integrantes dunha xeración que podemos situar, non sentido amplo, nas décadas entre o século XIX e o século XX e que conforman unha xeración de ilustradores de moi alto nivel artístico e que actualmente resultan case descoñecido...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses