O pasado mércores, 27 de xaneiro, na tardiña recibía a noticia, inesperada, do falecemento de Alberto Estévez Piña. Unha triste nova coñecida, por eses azares inexplicables, xusto diante da igrexa de San Domingos, á beira da súa casa familiar, no barrio homónimo a quen tamén eu estou ligado por proximidade e vivencias. Dende Tudensia, que como sinala o seu subtitulo está dedicado a ofrecer “ Notas e noticias sobre Tui e os tudenses ”, cómpre lembrar a Alberto pola súa abondosa achega, ao longo de tantas décadas, á vida tudense, onde ten sido un constante animador de múltiples iniciativas, unha prodixiosa memoria sobre a vida de Tui e os tudenses, un espléndido conversador sobre a nosa cidade, pois sabía adornar cunha elocuencia, ás veces case cunqueiriana, calquera detalle da nosa existencia colectiva... unha bagaxe que se plasmaría no seu anunciado libro sobre o chamado crime do “Mosca”, na Sombraboa. Non pretendo facer unha biografía de Alberto Estévez Piña (1937-2021) nada m...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses