A historia contemporánea da cidade de Tui e a súa contorna segue aínda escasamente coñecida pola veciñanza tudense. Un dos episodios máis notables, nas primeiras décadas do século XX, foi a importante mobilización dos labregos de Galicia reclamando o fin do sistema foral, polo cal estaban obrigados a inmensa maioría dos nosos campesiños ao pago dunha renda anual polo dominio útil da terra aos titulares da mesma; dende os procesos desamortizadores os eclesiásticos foron substituídos polos rendistas, fidalgos e burgueses que compraran estes títulos forais. Unha mobilización que tivo un dos seus fitos o 28 de novembro de 1922 cando no decurso dunha manifestación contra un embargo polo impago de rendas forais, tres persoas resultaron mortas polos disparos da Garda Civil en Sobredo - Guillarei. Monumento aos mártires de Sobredo, 1932 Xa en Tudensia nos temos ocupado hai algún tempo desta temática; nos remitimos a aquel post aos interesados en afondar ao respecto: http://tudensia.blogspot....
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses