Reincorporado ao poder Fernando VII anulou as Cortes de Cádiz e a súa obra lexislativa e restaurou o absolutismo, en maio de 1814. Tras o pronunciamento de Riego en Galicia no mes de febreiro de 1820 se suman as diversas cidades e vilas, abrindose o coñecido como trienio liberal (1820-1823). A vida política tudense neste período resulta certamente convulsa, reproducindo o forte enfrontamento entre liberais e absolutistas que existía en toda España. Semanario Pintoresco Español, 1847 En Tui ao coñecerse o levantamento de 1820 créase unha Xunta absolutista presidida polo coronel Marcó del Pont, furibundo defensor do absolutismo, pero a chegada dun destacamento procedente de Vigo fai fuxir a Marcó del Pont co seu pequeno grupo militar o 27 de febreiro de 1820. Curiosamente en Tui a oposición ao réxime liberal non estará encabezada polo bispo, Juan García Benito, que adopta unha actitude moderada e que mesmo afirma nunha pastoral que “ defender la Constitución no es ponerse cont...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses