Nova desidia co patrimonio tudense: Os materiais históricos do Viveiro Forestal de Areas son retirados do noso municipio
A través da prensa teño seguido, nos últimos anos, o litixio xudicial emprendido pola Comunidade de Montes en Man Común de Areas para a recuperación da titularidade do monte “Seixos Albos” quen ten desembocado nunha sentenza que anula a cesión realizada no ano 1926 polo Concello de Tui ao Estado desde monte para o funcionamento do Viveiro Forestal de Areas. Aínda que o viveiro, promovido polo enxeñeiro tudense Rafael Areses Vidal, estaba xa en funcionamento dende o ano 1906, será o 16 de maio de 1926 cando o Pleno da Corporación Municipal acorde á cesión ao Estado destes terreos teniendo en cuenta la grandisima importancia que para la región gallega y, especialmente, para este municipio, tiene la conservación y mejora de dicho vivero, a propuesta del Sr. Alcalde, se acuerda por unanimidad, prestar mayor el apoyo para que el Vivero de Areas alcance el grado de desarrollo que exigue el cultivo del arbol y la repoblación de los montes. (...) acuerda además, ya que su situac...