Dende a pasada fin de semana comecei unha sección quincenal no diario dixital “Comarcas na rede” ( www.comarcasnarede.com ) onde irei ofrecendo pequenos artigos de divulgación sobre o patrimonio cultural tudense e da súa contorna co obxectivo de achegar aos lectores deste dixital ao coñecemento da nosa cidade e os seus recursos culturais e turísticos. Considerando que tamén para os lectores de Tudensia poden resultar de interese estas colaboracións introducirei neste blog estas colaboración, recollidas nunha sección que denominamos “Porta das Trabancas” en referencia ao único postigo da muralla medieval tudense aínda hoxe conservado pero fora da ollada de veciños e visitantes. Detalle do plano de Tui de Francisco Coello de 1856, onde Se percibe a muralla medieval e a posterior ampliación da idade Moderna A vella acrópoles tudense posúe unha alongada historia que reclama sempre a nosa atención pois nunha continuidade histórica ben documentada, alo menos dende os tempos d...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses