O pasado 16 de abril cumpríronse cen anos do nacemento en Tui do poeta, escritor e animador cultural Emilio Álvarez Blázquez; ao rematar o ano deste aniversario non podemos deixar de lembrar a este persoeiro que ten deixado un amplo legado cultural, ligado tamén en boa medida a estas terras do Baixo Miño. Nado en Tui no 1919, Emilio era fillo do médico Darío Álvarez Limeses e de María Bláquez Ballester, que casaron en Tui logo de chegar Darío coa súa recente licenciatura en medicina ao ser contratado como médico hixienista polo Concello tudense en 1905 e María que retornara da súa Cuba natal xunto coa súa familia. Darío Álvarez Limeses, que viña dunha familia cunha longa tradición ligada ás letras, terá unha destacada actividade na vida social tudense ao longo da súa vida. Colaborador nos medios de comunicación local, promotor de agrupacións musicais, de caza ou deportivas… Foi un destacado militante de Izquierda Repúblicana, partido que dirixía Manuel Azaña. Tras o...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses