O vindeiro domingo, 22 de novembro, terá lugar unha nova homenaxe aos "Mártires de Sobredo" diante do monumento de Camilo Nogueira na parroquia de Guillarei. Este aniversario é unha boa oportunidade para rememorar este importante episodio da nosa historia contemporánea. Achegamos un interesante video sobre estes feitos e unhas reflexións históricas sobre o proceso antiforal en Tui. O movemento agrarista en Galicia artéllase na última década do século XIX e nos primeiros anos do XX para eliminar os foros e modernizar o noso sector agrario mellorando as condicións de vida dos nosos labregos. No Baixo Miño comezaron axiña a formación de sociedades agrarias: a de Salceda, constituída en 1897, do Porriño en 1900 e de Guillarei en 1901, presidida polo canteiro Ramón Castiñeira, integrante das primeiras sociedades obreiras tudenses. Esta relación entre obreiros e labregos será unha constante no caso tudense dende este primeiros momentos, e así os canteiros Ma...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses