Ás veces as pescudas nos sorprenden con algunha descuberta de interese. Velaí o caso de hoxe. Un amigo pediume que investigase se existía algunha imaxe da, tantas veces lembrada, pedra oscilante do monte Aloia. Os recursos que hoxe nos ofrece a rede son certamente inconmensurables e nunha vella revista científica editada en Roquetas (Tarragona) atopo a fotografía dese famoso penedo. Figura esta imaxe, da que nos ocuparemos nun próximo “post”, nun interesante artigo da revista “Ibérica, do Observatorio do Ebro” de 1916 titulado “Excursiones científicas por el Norte de España” da autoría do xesuíta Longinos Navas que nos proporciona outra interesante imaxe. A Revista Ibérica naceu en 1913 co obxectivo de difundir semanalmente o coñecemento científico e tecnolóxico da época. O proxecto foi pioneiro en España e logrou manterse noventa e un anos durante os que documentou a revolución tecnolóxica do século XX. Trátase dunha “ foto de familia (…) en la galería de la casa-residencia...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses