A partir da chegada dos suevos (século IV) Tui se configura como un dos principais enclaves do seu reino, asi xunto con Lugo será unha das capitais de Galicia no reinado de Rekiamundo. Testemuño da importancia tudense nesta época é a existencia dunha ceca, para a acuñación de moeda. Así co rei Rekiamundo (458-463) figura o nome desta ceca en varias moedas. Salienta unha siliqua do Emperador Anastasio acuñada en Tui, sendo a primeira deste tipo que aparece co nome dunha ceca hispana. Tui figura tamén en moedas dos monarcas godos; Recaredo, Witerico, Sisebuto, Recaredo II, Chindasvinto e Recesvinto. Triente de Sisebuto (612-621) , acuñado en Tude Tamén datable neste período é láuda ou tapa de sepulcro- chamada de Modesa-, e o anel visigótico achado nesta cidade e diversos restos materiais (lauda de estola, enterramentos e estruturas) achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas en San Bartolomeu. Lauda de "Modesa" no Museo de Pontevedra Pero a princip...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses