Dende posiblemente o século XVIII a cidade de Tui posúe como armas heráldicas unha media lúa e tres estrelas que representan, segundo a tradición conservada, as repoboacións que nos primeiros tempos medievais tivo á cidade. A primeira promovida por Alfonso I, no ano 739, cando libera a Tui do poder dos musulmáns, a segunda corresponde á repoboación efectuada por Ordoño I, en torno ao ano 850, e a terceira á de Fernando II cando “traslada” á cidade a súa actual ubicación e pretende mudarlle o nome por “San Buenaventura” no ano 1170. Agás este terceiro episodio poucos son os datos que se teñen ofrecido sobre estas repoboacións promovidas polos reis da monarquía astur. Neste breve artigo intentaremos unha aproximación aos dous protagonistas dunha destas vagas repoboadoras, a promovida por Ordoño I A conquista musulmán Tui formaba parte das terras mais desenvolvidas do antigo reino suevo e visigodo, onde desempeñaba no tempos de Vitiza o papel de capital política da provi...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses