Revisando antigos programas das festas de San Telmo, ollando o correspondente ao ano 1934, cando foron trasladadas aos inicios do verán –coincidindo coas festas de San Xoán- , no xeitoso programa editado descubrimos, con sorpresa, senllos poemas de Xosé María Álvarez Blázquez: “Cohetes” e “Yo quiero”. A figura de don Xosé María que abrangue múltiples aspectos no ámbito cultural (“poeta, narrador, dramaturgo, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador da literatura, e a historia e a etnografía” enumera o seu fillo Xosé María, “infinito curioso e infinito amador de todos os saberes” subliña Darío Xohán Cabana) tamén, na expresión poética, acada un relevancia indiscutida. Conservase o que se ten como o seu primeiro poema, “Queixas”, datado en Tui o 24 de decembro de 1927, cando Xosé María contaba con só doce anos de idade. Como ben anota o xa citado D. X. Cabana este poema “non pode ser o seu primeiro intento, porque os seus hendecasílabos son absolutamente correctos”. Tamén...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses