A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa arquitectura do ferro. Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878) a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións entre Galicia e Portugal. Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función de rúa central da Eurocidade Tui-Valença. Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros” que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a autorización para este link. Um Dia ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses