A biografía das persoas é sempre un relato cheo de interese, ata a máis anónima ou anódina, contén no percorrer do tempo elementos que, co paso dos anos, suscitan, cando menos, a nosa curiosidade. Achegamos hoxe unha pequena semblanza dun tudense, cuxa desaparición no decurso da II Guerra Mundial en Rusia ten suscitado numerosas especulacións, polo que podemos falar da lenda de Alfonso Ruibal Sabio. Alfonso fora nado en Tui o 24 de xaneiro de 1915 membro dunha familia de alongada traxectoria na nosa cidade. Fillo de Rafael Ruibal e Ángela Sabio y David, sendo o cuarto de cinco irmáns. Con 21 anos ao producirse a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, evidenciando as súas inclinacións políticas, se presenta na Escola de Tiro Naval de Marín coma voluntario e pasa a integrarse na dotación do cruceiro “Baleares”, onde embarca no Ferrol o 1 de decembro. Como tripulante deste cruceiro participa na toma de Málaga o 18 de xuño de 1937 e posteriormente se incorpora no aeródromo de Tabl...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses