Nos vindeiros días se conmemora o bicentenario da proclamación na cidade de Cádiz da Constitución Española de 1812, a primeira constitución liberal, no seu proceso de redacción a nosa cidade estivo representada por tres parlamentarios aos que queremos lembrar con este “post”. Pero cómpre antes unha pequena contextualización destas Cortes de Cádiz. Durante a Guerra da Independencia, iniciada en 1808, as revoltas populares contra a invasión francesa levaron á creación de Xuntas Locais e Provinciais ou Rexionais para artellar a resistencia e ocupar o baleiro de poder derivado da abdicación de Fernando VII e a súa retención en Baiona (Francia) e a negativa recoñecer a José I, popularmente chamado “Pepe Botella”, como monarca lexitimo. Estas Xuntas, en xeral, integradas por funcionarios, membros da nobreza e do clero, nomeadamente de caracter conservador, deron o poder a unha Xunta Suprema Central que acordou a celebración de Cortes. Como sinala o historiador Antonio Elorza “prevaleció ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses