De novo o Teatro Principal de Tui recupera actualidade coa decisión da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de non iniciar o expediente para a súa declaración como “Ben de Interese Cultural” ao estimar que non posúe o valor preciso para ser merecente de dita declaración. Remite a súa protección ao vindeiro Plan Especial do Conxunto Histórico tudense, actualmente en redacción, e a súa inclusión no ámbito do conxunto histórico de Tui, declarado BIC dende 1968. Unha lamentable noticia pero moi previsible. Xa dende este blogue comentamos no seu momento que as “instruccións” da Consellería de Cultura, dirixida daquela pola nacionalista Anxela Bugallo, á Fundación Teatro Principal de Tui para que solicitase a incoación do expediente de declaración como BIC do inmoble non era máis que unha típica manobra “política” para adiar un problema. A xustificación de que era precisa a súa condición de BIC para acceder aos fondos do 1% Cultural ou a outros financiamentos para a súa rehabilitación...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses