O amigo D. Luis Hernando de Larramendi, tudense de adopción e entusiasta dos temas históricos e especialmente do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez e que tanto está traballando pola súa recuperación, é un seguidor fiel de Tudensia e xenerosamente enviou unha colaboración de Pablo Larraz Andía que hoxe publicamos neste blog. Pablo Larraz (1974) é médico e investigador en temas de historia, centrándose especialmente en aspectos sociais e asistenciais da medicina en Navarra nos século XIX e XX, en particular nos conflitos bélicos Autor de numerosos artígos, o seu libro «Entre el frente y la retaguardia», sobre a historia do Hospital «Alfonso Carlos» de Pamplona, foi galardonado co IX Premio Internacional de Historia del Carlismo «Luis Hernando de Larramendi». É membro do Comité Científico da Revista «Panacea» e do Consello de Redacción da colección «Temas de Historia de la Medicina». Tern publicado tamén «Aventuras de un gentleman en la tercera carlistada. Imágenes de la...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses