Sobre o Seminario Internacional "125 anos da Ponte Internacional: unindo xentes, territorios e culturas"
Os pasados días 18 e 19 de marzo tivo lugar, ao abiero das conmemoracións dos 125 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño, un Seminario Internacional titulado “125 anos da Ponte Internacional: unido xentes, territorios e culturas” organizado pola Aula da UNED de Tui en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. Coordinado por Margarita Pino, Rafael Higgis, Isilda Salvador e Rafael Sánchez. Foi un programa intenso de ponencias e comunicións de grande calidade e interese. Tiña mágoa por non ter tempo para incluir en “Tudensia” algunha referencia a este Seminario, do que agardamos nun futuro editar as actas, pero o blogue “Portugal ao pe” de Lele Sorribas recolle senllas entradas sobre este Seminario que reproducimos polo seu interese: El Puente Internacional, 125 años de historia y futuro http://portugalaope.blogspot.com/2011/03/el-puente-internacional-125-anos-de.html Puente de ayer, debates de hoy http://portugalaope.blogspot.com/2011/03/puente-de-ayer-deba...