"Tudensia" hónrase en contar coa colaboración do prestixioso historiador Juan Miguel González Fernández, especialista en historia moderna, que nos envia unha colaboración sobre Tui de grande interese. Interrumpimos pois temporalmente a serie sobre as peregrinacións xacobeas que retomaremos axiña. Gracias a Miguel por esta achega sobre a nosa cidade. José Cornide Saavedra Coa chegada da Ilustración a Galicia xorde o interese polo coñecemento máis “científico” do Reino, aparecendo un pequeno pero valioso grupo de autores, que motivados ben polo militar ou pola economía recollen información precisa e máis ou menos veraz sobre a nosa terra, e a s súas cidades, entre a que non pode faltar Tui, daquela cabeza de provincia. Tamén van a aparecer, xa impresos -para máis público-, “Diccionarios” que seguen máis ou menos os pasos das obras anteriores. Os diferentes intereses e perspectivas dos autores, ainda as veces contradictorios, permiten facermos unha idea cabal de como e...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses