O 16 de maio do pasado ano 2009 publicamos en Tudensia un post que baixo o titulo de “A necesaria regularización do tráfico no conxunto histórico” remataba cos seguintes párrafos: A adopción de medidas de regularización do tráfico na zona vella tudense, limitando o acceso exclusivamente aos residentes e sinalando as zonas exclusivas de estacionamento, estou convencido que repercutirán positivamente e promoverán unha concienciación do respecto necesario cara ao noso conxunto monumental. Con todo é abrir un proceso que deberá estar en constante revisión para comprobar o seu funcionamento e superar os desequilibrios ou problemas que produza. Unhas medidas que se poden adoptar progresivamente, iniciándose por exemplo nas fins de semana ou nos períodos vacacionais, cando numerosos turistas achegaranse ata Tui, pero que, cómpre non esquecer, terán como principais beneficiarios aos propios veciños de Tui. Logo de máis dun ano aquela proposta de debate suscitada dende as nosas paxinas ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses