Nestas últimas datas “Tudensia” ten espaciado amplamente as suas achegas, polo que pedimos disculpas e comprensión aos nosos lectores. Por mágoa non é posible dedicarlle a este blog o tempo que precisa. Pero afortunadamente este motivo ofrece a posibilidade de editar textos que poden resultar de máis interese que as nosas entradas. Hoxe publicamos un pequeno, pero sustancioso, texto sobre esta época do ano na que estamos da autoria de Manuel Fernández Valdés, cronista oficial de Tui e unha das máis egrexias personalidades da na cultura tudense no século XX. Nalgun momento, dun futuro non lonxano, temos de dedicarlle a Fernández Valdés a atención que precisa en “Tudensia” pois estamos diante dun prolífico investigador, especialmente da prehistoria tudense e galega, incansable divulgador da nosa historia e divulgador do noso patrimonio. O texto de Fernández-Valdés recupera as vellas costumes tudense desta época do ano, que conforman o noso folclore tradicional e que compre non esquecer ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses