O Mosteiro das Clarisas tudenses érguese como solemne conxunto arquitectónico no alto do outeiro tudense, ocupando o solar da antiga igrexa da Oliveira e os primeiros pazos episcopais e dos iniciais elementos defensivos da cidade como a chamada “Torre Vella” de Fernando II. Aínda hoxe o peche norte deste mosteiro é a muralla medieval que agocha a única porta que se conserva: a das Estrabancas, actualmente cegada pero perfectamente visible. Un conxunto enriquecido pola igrexa conventual edificada seguindo os planos do mestre arquitecto compostelá Domingo de Andrade e os armoniosos retábulos, posiblemente obra de Francisco de Castro Canseco, e dotados dun grande equilibro estético e artístico. Pero esta comunidade, que agora celebra o quinto centenario da súa existencia, maila penalidades sofridas por guerras e conquistas, aínda conserva nas dependencias da clausura numerosos obxectos de uso litúrxico ou mesmo doméstico que posuen unha singular trascendencia como pezas de interese ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses