Aínda que a noticia xa era coñecida hai algún tempo a inminencia do peche definitivo, por xubilación, da libraría tudense “Iris” nos vindeiros días non impide que agrome un sentimento de tristura pero tamén de gratitude. As librarías, sendo un establecemento comercial, rexido polas leis do mercado, constitúense polo seu produto mesmo como lugares que reúnen o saber, a cultura, o entretemento, o lecer creativo. Xunto ás bibliotecas as librarías son lugares básicos para a alimentación da vida persoal e social, para achegármonos ao coñecemento, a información e o lecer, para atopar novas formas, perspectivas, enfoques, sensibilidades, saberes... que nos enriquecen individual e colectivamente. Di a escritora Elvira Sastre que non resulta fortuíto que as solapas dos libros teñan forma de porta, pois son unha entrada a un sitio sempre mellor. A vivencia das librarías é unha experiencia que nos acompaña dende a infancia. Lémbrome de cando en Tui, alá polos años setenta do pasado século, ti...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses