O pasado venres, 29 de agosto, na sección de opinión do xornal “Faro de Vigo” foi publicada unha columna ou artigo asinado Bernard Duran, avogado de diplomático, que colabora habitualmente nesta sección do periódico vigués. Algunhas afirmacións incluídas neste artigo sobre a figura de Rosendo Salvado resultan tan inxustas ao reiterar o manido estereotipo sobre a figura de Salvado e a presenza do eucalipto en Galicia, que me levou a preparar unha columna non tanto de réplica ao contido do artigo senón reparadora do descoñecemento no que segue sumida a traxectoria de Rosendo Salvado. Enviada ao “Faro de Vigo” naquela mesma xornada non foi merecente da atención dos responsable da diario da cidade olívica, polo que aproveito este blog e a paciencia dos seus seguidores para publicar esta columna e que deste humilde xeito reparar minimamente as inxustas afirmacións atribuídas a Salvado na expresada columna de opinión de Bernard Durán. Deseucaliptizar a Fr. Rosendo Salvado ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses