Ao longo das últimas décadas existe un proceso de recuperación da memoria sobre a presenza xudía en España -a Sefrad da nostalxia- que tamén ten chegado á nosa cidade. Aínda que xa Francisco Ávila y La Cueva na súa Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su diócesis, do ano 1839-52, recolle diversos documentos sobre a presenza xudía en Tui haberá que agardar ata os traballos do cóengo Juan Domínguez Fontenla, no ano 1938, e a tese de doutoramento de Darío Álvarez Blázquez sobre o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, do ano 1951, para que se avance na investigación ao respecto. Ás últimas décadas do pasado século corresponde un crecente interese pola cultura e herdanza xudía en España e neste ronsel aparece o estudo de Ernesto Iglesias Almeida sobre os xudeus tudenses publicado na prestixiosa revista “Sefarad” en 1987 no que figura xa o anuncio da descuberta da colección de sambenitos na nosa catedral. Unhas pezas presentadas na exposición “O Sefardismo en Galicia...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses