Esta noite de San Xoán é unha das datas con máis significacións do calendario anual. Nesta xornada se mesturan tradicións ancestrais que seguen evolucionando consonte os novos ritmos sociais e a propia evolución da nosa sociedade. Nas festas tradicionais atopamos dous elementos: dinamismo e complexidade. Dinamismo por que nestas festividades, aínda que se chaman tradicionais existe un permanente cambio ao longo dos tempos. Complexidade por que nestas celebracións confluen numerosas manifestacións culturais: identificativas, relixiosas, lúdicas, estéticas, etc. Pero, con todo, esta xornada segue a concentrar un inxente acervo da nosa cultura popular que se transforma e muda pero sen desaparecer. Reproducimos un delicioso artigo publicado no xornal “Faro de Vigo” no ano 1954 polo cronista tudense, Manuel Fernández-Valdés Costas que recolle as tradicións que hai agora 70 anos existían arredor desta festividade e comprobaremos a evolución desta festa onde desaparecen costumes, outras...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses