Este xoves, 27 de xaneiro, a cima do monte Aloia celebra a súa principal festa ao seu padroeiro, a San Xulián ou Xián. O Aloia é un lugar referencial, ao longo dos séculos, para un amplo territorio que se asenta nas súas abas e que concorría tradicionalmente ás celebracións que anualmente congregaban as xentes da contorna o 27 de xaneiro, festa de San Xulián ou o primeiro domingo xullo na romaría de Nosa Señora das Angustias. Sobre esta última festividades xa nos temos ocupado neste blog recollendo a súa descricións nos escritos de Manuel Fernández-Valdés e de Xosé María Álvarez Blázquez, dúas testemuñas directas do contido desta romaría anual: http://tudensia.blogspot.com/2010/06/romeria-de-nosa-senora-das-angustias-no.html Esta condición referencial do Aloia ven dada tamén polo papel que historicamente desempeñou esta cima na nosa historia colectiva; máis aló da posible consideración deste monte como o mítico Mons Medulio onde as últimas trapas galaicas resistiron, ata o sacrifici...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses