Hai varios meses publicamos neste blog un breve listado de diversos elementos do noso patrimonio cultural ou natural que polo seu interese e significación pagaba a pena coñecer e, moi especialmente, visitar: http://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html Agora cando o tempo de verán anima ao paseo pode ser unha boa oportunidade para achegarse a novos bens integrantes do noso acervo patrimonial tantas veces escasamente coñecidos e valorados. Cama do Santo Rocha localizada no cumio do Aloia, denominada Cama de San Xiao, pois a tradición afirma que sobre esta pedra durmía o santo e foi onde repousou o corpo deste santo logo do seu martirio, e vincula esta “cama” coa fertilidade. As parellas que non lograban ter fillos acudían a este lugar e, tras xacer no mesmo, acadaban a ansiada descendencia. A pedra inmediata a esta “cama” é identificada tradicionalmente como a almofada de San Xiao. En consecuencia, se vincula este lugar coa protección dos males da cabe...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses