O vindeiro 24 de xuño celebramos o CXXIX aniversario da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia, o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega logo de séculos de desleixo pola nosa lingua como expresión culta, iniciando un proceso de recuperación e normalización do idioma galego no que aínda estamos. A conmemoración destes Xogos Florais, mais aló da significación que posúen para a cultura galega, supoñen colocar a Tui como protagonista dun dos fitos na recuperación da nosa lingua. Especialmente nunha cidade, como a nosa, que non se caracteriza polo uso do galego entre a poboación, pois os condicionantes da evolución histórica achegaron á boa parte da poboación urbana, nos derradeiros séculos, a un uso case exclusivo do castelán como lingua vehicular. En consecuencia, este efeméride do 24-26 de xuño de 1891, en que Tui acolleu a celebración dos Xogos Florais, é merecente de lembranza permanente, tanto no calendario de actividades anuais como con algunha exp...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses