No último post recollí amos a descrición da nosa cidade publicada en “El jardinero de los planetas y piscator de la corte para el año de 1754” de José Patricio Moraleja y Navarro. No seu texto atopamos, máis aló da evocación da nosa configuración urbana, diversas noticias moi suxerentes: dende o cultivo do azafrán nas nosas veigas ata a descrición e interpretación que realiza das armas que figuran no escudo de Tui. Moraleja y Navarro ao falar das armas heráldicas da cidade sinala o seguinte: Las Armas de esta Ciudad son en su Escudo una media Luna plateada y tres Estrellas doradas en campo azul celeste con Real Corona e as relaciona coas armas que empregaba o héroe mítico da fundación de Tui, Diomedes: las mismas que Diomedes traìa en su Escudo. Esta opinión de Moraleja contrasta con que tradicionalmente o escudo tudense, integrado pola media lúa e as tres estrelas, está interpretado como representación simbólica da ocupación musulmán e das tres primeiras vagas ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses