Conmemoramos neste días os corenta anos da celebración en toda España das primeiras eleccións democráticas no ámbito municipal, concretamente o 3 de abril de 1979; cando se aproximan de novo estes comicios lembrar este aniversario é unha oportunidade para reivindicar o funcionamento democrático da vida local e lembrar como os municipios teñen experimentado ao longo destas catro décadas unha inxente transformación: o amplo abano de servizos que hoxe oferta calquera concello e a calidade dos mesmos supoñen unha espectacular mellora na vida dos cidadáns. En Tui daquela era alcalde Alejo Núñez Pascual que fora nomeado polo Gobernador Civil de Pontevedra o 17 de setembro de 1973. Cabe reseñar que daquela Corporación Municipal, formaba parte a primeira muller que ocupara una posto como edil en Tui, a mestra Julia González Rodríguez, popularmente coñecida como Doña Julita. Houbo que agardar ata a segunda corporación municipal da democracia, en 1983, para que fora electa por Alia...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses