O recente pasamento, nesta pasada fin de semana, da escritora Maria do Carme Kruckenberg Sanjurjo nos ofrece a posiblidade de recuperar a súa ascendencia tudense. Filla de Gustavo Kruckenberg Sartorius e de Josefa Sanjurjo de Oza; a figura do seu pai nos leva ata Alemaña namentras que a súa nai era filla de Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano, nado en Tui no ano 1856. Co gallo do centenario do seu nacemento o cronista tudense Manuel Fernández-Valdés Costas publicou en “Faro de Vigo” un artigo xornalístico reivindicando a achega deste tudense, Benito Sanjurjo, á historia de Vigo e que logo resume no seu libro “Familias antiguas de Tuy” (1958). Asi recolle que cando contaba con poucos anos os seus pais, Benito Carlos Sanjurjo e Maria Concepción Ramírez de Arellano, tras cumprir o seu destino militar no reximiento da guarnición tudense, se trasladan a Vigo a unha casa na rúa Pracer de Afora (na zona que hose ocupan as rúas Enrique Blein, Celso Emil...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses