Dende comezos do século XV a vida tudense estará protagonizada pola liñaxe dos Soutomaior, grupo nobiliar asentado no sur de Galicia, que xogan habilmente as súas bazas no xogo de fidelidades entre a monarquía castelá e portuguesa (en 1398 Joao I de Portugal conquista Tui permanecendo no seu poder máis de catro anos), e aproveitando a debilidade episcopal ocupan como “encomendeiros” a cidade de Tui. Joao I de Portugal Será Paio Sorreda de Soutomaior, cara a finais do XIV, quen inicie o control da cidade sucedéndolle o seu sobriño Fernando Eans de Soutomaior e a este Álvaro Paes de Soutomaior, que como sinala o cronista Vasco de Aponte “ tiña no seu poder a cidade de Tuy, como a tiña o seu pai, e da renda do bispo tomaba o que quería ”. A mellor expresión deste poderío é cando non permite que o nov o bispo Luís de Pimentel, dunha das grandes casas do reino como era a de Benavente, non tome posesión da sede, impedíndollo mesmo polas armas. Este clima de abuso por parte...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses