Os amigos do Clube Mauxo de Espeleoloxia realizan un meritorio labor de investigación sobre o noso territorio; ao seu bo qefacer debemos o descobrimento da cova da Trapa, na parroquia tudense de Ribadelouro, a cova granítica máis extensa do mundo e que constitúe polas súas características físicas e os recursos asociados un excepcional elemento patrimonial do noso municipio. Hai agora dous anos Tui acolleu o 12º Simposio Internacional do Pseudokarst organizado polo Clube Maúxo e que do serviu para afondar no coñecemento deste fenómenos naturais, como esta Cova da Trapa Agora na súa páxina web o Clube Mauxo está publicando un estudo sobre esta Cova da Trapa que polo seu interese recollemos neste blogue ao tempo que felicitamos ao Clube Mauxo polo seu excelente traballo e nos sumamos a súa reclamación de solicitar a declaración de "Monumento natural" para este excepcional enclave tudense. http://clubemauxo.com/2013/07/26/a-gruta-do-monte-aloia-i-o-mito-dos-m...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses