No ano 2005 a Xunta de Galicia procedeu á botadora dun barco para o seu servizo de gardacosta que foi denominado co nome de “Sebastián de Ocampo” lembrado ao navegante galego que fora o primeiro en circunnavegar a illa de Cuba no ano 1506. Se procuramos na Gran Enciclopedia Galega na biografía deste ilustre mariño figura como nado na vila de Noia. Hai poucos días recibin un correo electrónico no que unha investigadora me solicita información sobre Ocampo, especialmente algunha imaxe ou fotografía da previsible estatura que tería na súa localidade natal, Tui. A miña sorpresa foi grande, pois estabamos diante dun nome que en ningún momento tiña vencellado á nosa cidade, carecendo de dato algún sobre a súa ascendencia tudense. A miña sorpresa se incrementa cando rapidamente solicito axuda a Wikipedia onde si figura que era natural de Tui. Xa non atino, non dou crédito. Superada a sorpresa inicial, unha búsqueda máis pormenorizada de información sobre o noso personaxe lévame a un doc...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses