Na rúa coengo Valiño - Tui Hai algunhas datas se publicaban os datos correspondentes ao pasado ano da presenza de peregrinos polo camiño portugués que acadaban a significativa cifra de 25.628 peregrinos que percorreron esta vía portuguesa, marcando un novo máximo, moi superior ao último ano santo por poñer un exemplo. Deste xeito o camiño portugués se consolida como o segundo itinerario de peregrinación, logo do camiño francés. Amais a cidade de Tui se confirma, nun ano mais, como o primeiro lugar de partida de peregrinos fóra do camiño procedente de Francia, con 8436 peregrinos que escolleron a cidade tudense para comezar a súa andaina cara ao sartego do apóstolo Santiago. Estes datos permiten extraer varias conclusións e unha consideración. Como conclusión, ante todo, a pervivencia, aínda que mellor diriamos a progresión, da peregrinación como un fenómeno, en principio, cun carácter relixioso ou espiritual indisociable, pero cunha dimensión cultural e turística ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses