A popularmente coñecida como “vara de medir” ubicada nunha casa na esquina da rúa Tide e Antero Rubín, xunto a onde estivo situada a Porta do Arco, foi recentemente remozada, retirando o cemento que ocultaba os arcos conopiais que en senllas ventás conforman un excepcional conxunto decorativo. Este feliz arranxo permite unha visión máis completa e atinada destes elementos, resultando máis evidente, se cabe, que a, popularmente chamada, “vara de medir” corresponde cunha columna, co seu fuste decorado, que divide as dúas artísticas ventás existentes neste baixo. Estamos diante dúas ventás xeminadas separadas por un parteluz ou mainel. Namentras as ventás están decoradas con senllos arcos conopiais, o mainel está ormanentado cunha columna adosada enmarcadas por dúas liñas gravadas na pedra, que alternan na súa superficie espazos de volumen e espazos de vacio, e que dan a este parteluz unha maior prestancia. Xa no pasado mes de agosto os amigos do blogue “Tui, ruegos y preguntas...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses