Achegamos hoxe en “Tudensia” a unha figura literaria que pola súa prematura morte non chegou a desenvolver todo o que nos seus escasos anos apuntabe a prol da cultura de Galicia, falamos de Teodosio Vesteiro Torres. Un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria. Ten deixado unha importante achega, ás veces especialmente crítica, sobre a nosa cidade que cómpre resaltar e revalorizar, pois na actualidade segue practicamente descoñecido. Teodosio Vesteiro Torres nace en Vigo o 12 de xuño de 1848 e naquela cidade transcurríu a súa infancia e primeiros estudos ata que no ano 1860 ingresa no Seminario de Tui como interno tras acadar unha bolsa de gracia, o que evidencia a humilde condición da súa familia. “Os éxitos académicos –relata María Álvare...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses