A historia tudense dos últimos séculos aínda agarda por quen a rescate da indefinición ou da nebulosa onde habita. Contamos certamente con numerosas achegas sobre aspectos diversos dos século XIX e XX pero carecemos dunha visión global que nos permita identificar os movementos sociais e políticos tudenses nestas centurias. Nin sequera posuímos unha visión dos partidos políticos na vida municipal. Achegamos hoxe un novo aspecto de interese para o discorrer das dinámicas políticas tudenses daqueles anos: a fundación no ano 1907 dunha agrupación masónica na nosa cidade: o Triángulo “El Ibérico”. Unha escasa documentación, catros breves folios, custodiada no Centro Documental da Memoria Histórica, en Salamanca, nos informa sobre a constitución deste agrupación da francmasonería na episcopal cidade tudense. Na masonería universal denomínase “triángulo” á mais reducida expresión orgánica, e que está integrada por un mestre masón e dous aprendices, en dependencia sempre dunha loxia nai qu...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses