Diomedes de Etolia (Glyptothek de Munich) Hai algunhas datas un lector deste blogue solicitaba que abordasemos nestas liñas dous temas de interese para a historia tudense: a fundación mítica da cidade polo heroe grego Diomedes e a autoria de G. Eiffel da nosa ponte internacional. Dous temas certamente de trascendencia e onde funciona unha transmisión acrítica da nosa historia. Abordaremos hoxe o tema da fundación grega da nosa cidade por Diomedes un heroe grego que xeralmente é admitido como fundador na nosa cidade, á que designou co nome do seu pai, o rei Tydeo. Conservamos na actualidade no rueiro tudense o “Cantón de Diomedes” ou a rúa “Tide” e o noso equipo de fútbol máis representativo leva o mesmo nome de Tyde. Pero cómpre non trabucarse, pois non por repetida ou reiterada unha afirmación é correcta ou corresponde coa realidade histórica. Pero tamén é certo que esta atribución fundacional está realizada nun contexto histórico concreto que debemos recoñecer para comprendela e val...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses