Ir al contenido principal

Entradas

De novo Álvaro de Cadaval, o poeta galego do Renacemento

O tudense Álvaro de Cadaval segue sendo un gran descoñecido na súa cidade natal, aínda cando para autores como Ramón Otero Pedrayo constitúe o mais egrexio representante do Renacemento en Galicia. Xa en 1852 Francisco Ávila y la Cueva escribía: " este esclarecido varón habiendo escrito y publicado obras latinas en prosa y en verso ha tenido la desgracia de no ser conocido entre los nuestros " [i] .  Como mostra diremos que na fachada da actual Facultade de Xeografía e Historia, antiga sede central da Universidade, na ampliación que se realiza a finais do século XIX foron colocadas no frontis catro estatuas monumentais dos benfeitores e promotores da Universidade compostelá: Lope Gómez de Marzoa, Juan de Ulloa, o conde de Monterrey –VI Conde, Manuel de Acevedo y Zúñiga- e Álvaro de Cadaval [ii] . Poucos tudenses, mesmo os que estudamos naquela facultade, tiñamos conciencia da presenza deste senlleiro persoeiro naquel destacado lugar. Xa no ano 2014 en Tudensia abordamos a fi...
Entradas recientes

Deseucaliptizar a Fr. Rosendo Salvado

O pasado venres, 29 de agosto, na sección de opinión do xornal “Faro de Vigo” foi publicada unha columna ou artigo asinado Bernard Duran, avogado de diplomático, que colabora habitualmente nesta sección do periódico vigués. Algunhas afirmacións incluídas neste artigo sobre a figura de Rosendo Salvado resultan tan inxustas ao reiterar o manido estereotipo sobre a figura de Salvado e a presenza do eucalipto en Galicia, que me levou a preparar unha columna non tanto de réplica ao contido do artigo senón reparadora do descoñecemento no que segue   sumida a traxectoria de Rosendo Salvado. Enviada ao “Faro de Vigo” naquela mesma xornada non foi merecente da atención dos responsable da diario da cidade olívica, polo que aproveito este blog e a paciencia dos seus seguidores para publicar esta columna e que deste humilde xeito reparar minimamente as inxustas afirmacións atribuídas a Salvado na expresada columna de opinión de Bernard Durán.   Deseucaliptizar a Fr. Rosendo Salvado ...

A poeta hispano-xudía Gracia Senior, alias Isabel Enríquez, da liñaxe tudense dos Coronel

Ao longo das últimas décadas existe un proceso de recuperación da memoria sobre a presenza xudía en España -a Sefrad da nostalxia- que tamén ten chegado á nosa cidade. Aínda que xa Francisco Ávila y La Cueva na súa Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su diócesis, do ano 1839-52, recolle diversos documentos sobre a presenza xudía en Tui haberá que agardar ata os traballos do cóengo Juan Domínguez Fontenla, no ano 1938, e a tese de doutoramento de Darío Álvarez Blázquez sobre o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, do ano 1951, para que se avance na investigación ao respecto. Ás últimas décadas do pasado século corresponde un crecente interese pola cultura e herdanza xudía en España e neste ronsel aparece o estudo de Ernesto Iglesias Almeida sobre os xudeus tudenses publicado na prestixiosa revista “Sefarad” en 1987 no que figura xa o anuncio da descuberta da colección de sambenitos na nosa catedral. Unhas pezas presentadas na exposición “O Sefardismo en Galicia...