Conmemoramos hoxe, 16 de novembro, o CDI aniversario do falecemento do humanista Francisco Sánchez na cidade francesa de Tolosa. Esta localidade acolleu a Sánchez arredor de 1580 a onde chega dende Montpellier, tras o seu fracaso no acceso á docencia universitaria e a presión anticatólica dos hugonotes. En xaneiro de 1581 comeza a traballar no hospital de Santiago. No ano 1585 gracias ao seu traballo e a súa valía persoal é nomeado profesor de filosofía na facultade de Artes da Universidade desa cidade. Finalmente no ano 1610, logo dunha brillante oposición, acada o posto de profesor de medicina nesta Universidade tolosana, na mesma facultade na que estudara medicina e dereito Miguel Servet entre 1528 e 1530 e tiña a cátedra Giordano Bruno dende 1579 a 1581. Foi profesor ata a súa morte o 16 de novembro de 1623. Detalle do retrato de F. Sánchez no Museo do Medicina de Toulouse A máis do “ Quod nihil scitur ” (1581) o seu principal escrito, Francisco Sánchez publicou en vida out...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses