A nosa cidade de Tui se identifica xeralmente con conceptos de patrimonio cultural pois os seus principais elementos referenciais teñen que ver con este legado monumental. Pero nas últimas décadas asistimos a unha evolución do concepto de patrimonio que transita dende o conxunto de monumentos, xacementos arqueolóxicos e vestixios que posúen unha significación singular derivada da súa antigüidade ou dos seus valores artísticos, para converterse nun conxunto de bens tanxibles e intanxibles que recollen e expresan a herdanza cultural dun pobo. Por conseguinte o noso patrimonio está integrado non unicamente pola catedral e o conxunto histórico, senón tamén por un amplo abano de elementos inmateriais que temos recibido ao longo do tempo e que tamén conforman e determinan a nosa personalidade colectiva, a nosa identidade como comunidade. Un destes elementos inmateriais son as figuras egrexias que ao longo do tempo teñen sinalado fitos no devir histórico da nosa cidade e que se mante...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses