A dilatada historia tudense abrangue destacados episodios onde os nosos devanceiros tiveron especial protagonismo e deixaron singulares feitos que son testemuñas das dinámicas sociais e da achega que dende este territorio miñoto se ten realizado, en moitos casos cunha singularidade que cómpre non esquecer. Na historia contemporánea tudense, un capítulo de especial relevancia é o relacionado co movemento agrarista que nas primeiras décadas do século XX coloca a situación do campo galego e os seus habitantes no centro do debate social, resaltando especialmente a problemática dos foros, unha forma de explotación da terra que impedía aos labregos o acceso á unha propiedade que viña ocupando dende séculos pero sobre a que debía pagar unha renda, en moitos casos especialmente gravosa. Os procesos desamortizadores non deron acceso ao campesiñado á propiedade da terra senón que unicamente cambiaron de rendeiros, en lugar dos mosteiros e abadías, agora son os fidalgos e profesionais que adqui...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses