En numerosas oportunidades neste blog temos comentado a importancia de conservar as tradicións, ás menos das veces aínda vivas, como valiosas reliquias do pasado, pois amais de conformar o noso acervo patrimonial constitúen unha mostra da identidade colectiva dunha poboación, que se é quen de conservalas e transmitilas significa que está orgullosa de si mesma, da súa historia, que ten capacidade para reafirmar a súa singularidade ao longo dos tempos. Nos últimos séculos a revolución industrial e a conseguinte revolución dos transportes ten impulsado un proceso de uniformización a escala planetaria que agora, coas novas tecnoloxías da información e comunicación, acada as cotas máis altas ata agora coñecidas. Parella coa indumentaria tudense, debuxo de Lis Un dos ámbitos onde mais expresivo resulta este proceso de globalización é no referente á indumentaria, o que hoxe chamamos industria da moda. Aínda que a moda ou as tendencias sempre existiron (xa en época romana ou antes)...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses