Galicia foi e, por mágoa, segue sendo unha terra de emigrantes. Aínda que os procesos migratorios das xentes do sur de Galicia, por centrarnos no territorio tudense, comezaron coa procura de novos horizontes en América no século XVI, con figuras tan destacables como Gonzalo de Ocampo, houbo un fluxo constante dende o século XVIII que levou a moitas xentes das nosas comarcas a migrar a Portugal, concretamente a súa capital Lisboa. Dende finais do século XIX os países de Sur América, especialmente Arxentina e Brasil xunto con Cuba (substituída na segunda metade do século XX por Venezuela) centraron os fluxos migratorios, que posteriormente mudaron cara outras zonas de España con maior desenvolvemento (Madrid, Barcelona ou Bilbao) ou de Europa (Alemaña, Holanda ou Suíza). Na actualidade o movemento migratorio dos nosos mozos ten xa unha dimensión global na procura das oportunidades que non lle ofrecemos na nosa terra. O fenómeno da emigración galega ten sido analizado en numerosas opo...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses