As referencias históricas á presenza de peregrinos nas terras tudenses ao longo dos séculos son abondosas e teñen sido abordada en diversos estudos e publicacións. Unha relación non completa abrangue nomes como a Rainha Santa (alomenos en 1325), os monarcas Afonso II (1219) ou Manoel I (1502); peregrinos doutras terras como os cabaleiros ingleses Arnolfo e Osborne (1147), o nobre alemá Leon de Romithal de Blatna (1466), o cabaleiro polaco Nicoplau von Popplau de Silesia (1484), o astrónomo xeramano Hieronymus Münzer (1495), Frei Claude de Bronseval e o seu señor, o abade Edme de Salieu (1532), Giovanni Battista Confalonieri un presbítero de Italia que acompañou ao Patriarca de Xerusalen, monseñor Fabio Biondo de Montalto, na sua peregrinación xacobea (1594)... Pero andando nos tempos e coa chegada das novas modas aparecen novas referencias ao paso por Tui e as súas terras de peregrinos ou mellor dito viaxeiros que percorren diversos países europeos e se achegan ata Santiago...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses