Ir al contenido principal

Francisco de Caldas Pereira e Castro, singular xurista tudense no século XVI

A dilatada historia tudense fornece abondosos nomes merecentes de lembranza pola súa achega á vida social ou cultural non xa da nosa localidade senón da Península Ibérica e, como no caso que hoxe nos ocupa, mesmo de Europa. A sona do xurista Francisco de Caldas Pereira e Castro alongouse polo vello continente nos séculos da Idade Moderna, pois os seus libros sobre dereito acadaron prestixio dabondo e foron referencia obrigada en numerosas universidades. Na actualidade é un descoñecido para a inmensa maioría dos tudenses cando estamos diante dun persoeiro de singular transcendencia pola súa aportación ao mundo do Dereito.

Portada actual da Casa ou Pazo de Arcos - Randufe

Francisco de Caldas forma parte da liñaxe dos Pereira de Castro, unha antiga familia de orixe portugués, en concreto, segundo informa Ernesto Iglesias Almeida, na antiga casa e torre da Camposo, na montaña de San Pedro de Arcos (Ponte de Lima). Un nome que traspasa á terras tudenses de Randufe, con homónima casa e torres de Arcos, da que hoxe só conservamos os restos do seu portalón de entrada e escudos familiares, que tamén podemos atopar na igrexa de Santa María da Guía, a antiga capela dos Remedios desta casa ou pazo señorial. As mesmas armas as documentamos tamén en dous sepulcros de San Domingos e nunha casa da rúa Canicouva.

Escudo na porta da Casa ou Pazo de Arcos - Randufe


Como sinala Manuel Fernández Valdés nos cuarteles do seu escudo “están representados los Pereira, con la cruz de Calatrava, que apareció al caballero portugués, primero de este apellido, sobre un peral, en la batalla de las Navas de Tolosa. Los Castro, con seis roeles; la quinas de Portugal, que pertenecían al apellido Sousa; los Cadavales, con dos lobros afrontados a un pino y encima de este los despojos de un águila. En la casa de la Canicouva se añade otro cuartel, un sarmiento con racimos, que son las armas de los Bacelar”.



O primeiro membro coñecido desta familia en Tui é don Antonio de Caldas Pereira de Castro Sousa y Magallanes, fidalgo, cabaleiro da Orden de Santiago, estivo na casa real portuguesa de Filipe II e foi comendador da Orde de Cristo –a máis importante do Reino portugués-, era oriúndo desta terras miñotas. Foi señor da Casa de Arcos, na parroquia tudense de Randufe, e faleceu o 4 de novembro de 1592 sendo soterrado na primeira das tres sepulturas que posúe esta casa na Capela das Angustias da Catedral tudense. Ernesto Iglesias contradí esta afirmación de Manuel Fernández Valdés afirmando que o seu pasamento foi o 11 de decembro de 1592, sendo soterrado no Panteón que a familia tiña coas súas armas no claustro do convento de San Domingos. Na capela das Angustías da catedral foi soterrado o seu fillo Paulo Pereira de Castro y Cadaval que casado con María de Montenegro constituíu o morgado e vinculo de Arcos, en Randufe.

Casou Antonio de Caldas con dona Francisca Cadaval, filla de don Juan de Cadaval, Rexedor perpetuo de Tui e irmá do humanista tudense Álvaro de Cadaval de quen xa nos temos ocupado neste blog (http://tudensia.blogspot.com/2014/08/o-humanista-tudense-alvaro-de-cadaval.html)

Un dos seus fillos é Francisco de Caldas Pereira y Castro. Murguia sinala o seu nacemento en Tui, a mediados do século XVI, namentres que Nicolás Antonio e outros autores din que era portugués. Coinciden a maioría dos autores en sinalar como data do seu nacemento o 8 de xullo de 1543 na nosa cidade. Sábese que os primeiros estudos de Francisco transcorreron no seu Tui natal, nunha das dúas escolas que daquela funcionaban na cidade: a catedralicia ou a dos dominicos no seu convento. Posteriormente, trasladaríase a Compostela ao obter unha bolsa para cursar Humanidades no Colexio de San Xerome. Continuaría os estudos de bacharelato en Leis en Salamanca, tendo como profesores aos célebres Manuel Costa e Hector Rodríguez, aínda que obtivo finalmente a licenciatura en Coimbra no 1578.



Exerceu a avogacía en Lisboa e Braga. Foi oidor (“desembargador”) da Audiencia de Porto e conselleiro do Rei Felipe II en Lisboa, nos tempos de unión dos reinos de Castela e Portugal, e cabaleiro da Orde de Cristo. En 1597, poucos meses antes da súa morte, foi nomeado profesor de Dereito Cesáreo da Universidade de Coimbra. Francisco de Caldas morreu, o 7 de setembro de 1597, deixando gran parte da súa produción inédita.

Casara en Portugal con Ana Rocha de Araujo, filla de D. Antonio Francisco de Alcazoba, procurador da Coroa e Alcalde Maior de Erededo A súa viúva encargouse de buscar o financiamento necesario, xestionando a publicación das obras do seu marido.

Segundo Rioboo “da muestras de un gran magisterio en las más dificiles materias de la jurisprudencia, pero en el tratado de renovatione emphiteusis se escedió a si mismo, por que fué de los primeros que ilustraron este dificil asunto”, referíndose ao censo enfitéutico ou foro, unha cesión temporal do dominio útil dun ben a cambio do pago dun canón.

Segundo J. F. Ogando Vázquez, que lle dedicou un amplo estudo en 1971, “una parte fundamental de la obra jurídica de Caldas versa sobre la enfiteusis, cuyas lamentables consecuencias para el pobre cultivador de la tierra no hace falta poner de relieve. Bajo el disfraz de un contrato jurídico, la masa campesina queda sometida a las exigencias del señor [...]. Caldas compartió la dramática situación del pueblo portugués, asistiéndole con todos los resortes profesionales [...] intentando crear una doctrina jurídica [...] una conciencia social que hiciese posible la redención de los humildes”.

O foro é unha figura xurídica espallada amplamente na Idade Media e que chegou ata as primeiras décadas do século XX na nosa terra, e que xa no século XVI preocupaba aos estudosos do dereito como Francisco de Caldas.

Avila y Lacueva sinala que “reunía D. Francisco a su elevada sabiduria una aplicación grande al estudio de su facultad, y de aqui resultó el bentajoso beneficio público de dedicarse a escribir sobre lo mismo que leía, y en efecto escribió mucho y bueno, de que se hicieron varias impresiones en Lisboa, Coimbra, Antuerpia (Amberes), León, Francfort y en Madrid

Destacou Francisco de Caldas como notable filósofo do Dereito, tendo estudado practicamente a todos os filósofos gregos e aos xuristas latinos do período republicano da historia romana. Escribiu diversas obras, entre as que salientan "Receptarvm Sententiarvm", "Quaestionvm Forensivm, et cotroversiarvm civilvm", amais de compilacións e comentarios aos testamentos inoficiosos e decisións dos emperadores romanos Maximiano e Deocleciano.



Foi tamén comentarista das ordenacións manuelinas( do rei D. Manuel I de Portugal), de onde se deduce que Caldas Pereira foi un “iuspublicista”, o que representaba, na súa época, alguén que se propuña investigar as relacións entre a lei natural e a orixe do poder político. Así, os vínculos existentes entre a xustificación do poder monárquico en Portugal e súa dimensión xurídico-natural, era un tema bastante afondado a partir dos escritos de Caldas Pereira. Se evidencia a influencia da chamada “Escola de Salamanca” na súa formación e que ten en Francisco de Vitoria o seu principal expoñente.

Faleceu antes de ver publicada boa parte da súa obra. Aínda que a súa viúva e o seu fillo Gabriel procuraron editar as súas obras, é difícil facer unha relación segura das mesas polas múltiples edicións realizadas no século XVII en toda Europa.

O conxunto do seu traballo foi publicado finalmente en sete volumes en 1660. E cento cincuenta anos logo da súa morte, 1745, volveuse recompilar a súa obra con título deOpera omnia iuridica” en Cologny (Suiza).

O seu fillo Gabriel Pereira de Castro naceu en Braga e salientou tamén como xurisconsulto e notable escritor e, como o seu pai, estudoso da política. Escribiu "Decisiones Supremi Eminentissimique Senatus Portugaliae ex Gravissimorum Patrum Responsis Collectae, Noverteque impressae, et correctae legibus et auchoritatibus in gripfo positis" e "Manu Regia", verdadeiros tratados de ciencia xurídico-política, o que resulta innovador no seu momento en que se abordaban con máis dedicación os temas do dereito civil e canónico.

Outro fillo de Caldas figurou como grande xurista do final do século XVI e inicio do século XVII: Luis Pereira de Castro, “deputado e desembargador dos agravos da Casa da Suplicação”, foi licenciado en Dereito Canónico. Elaborou a obra "De Lege Mentali", e salienta por participar no Congreso de Westphalia, en 1648, evento decisivo para a fundación dos Estados Modernos na Europa barroca.



Sen sombra de dúvida, afirma o bloguero Marcos Boeira, tais autores foram precursores da ciência jurídica em Portugal, tendo preparado o caminho para o desenvolvimento das ciências canônicas, políticas e jurídicas que alcançariam estatura superior ao período da restauração, a partir de 1640, com a volta da dinastia lusitana ao trono, com D. João IV. Ora, os juristas da restauração, como Gouveia Velasco e outros encontrariam nos intelectuais citados as fontes necessárias para a formulação de uma teoria justificativa do poder sedimentada na tradição clássica, formulada tanto na teologia patrística e escolástica- com o Governo dos Príncipes de Santo Tomás de Aquino e também nas fontes dos concílios de Toledo e nas obras de São Isidoro de Sevilha- como também nas obras dos discípulos de Francisco de Vitória, uma vez que a influência da Escuela de Salamanca em Coimbra e no pensamento português era fortíssima. Temos, assim, os primórdios de uma autêntica ciência jurídica portuguesa, de cunho tomista, fundamentando o momento mais decisivo da história de Portugal: a Restauração. (en http://www.midiasemmascara.org/artigos/direito/11644-os-juristas-portugueses-e-a-restauracao.html)

A figura de Francisco de Caldas Pereira e Castro é un exemplo máis do papel que a cidade de Tui xugou ao longo dos séculos na relación entre Galicia e Portugal, formando parte dunha liñaxe que vive entre ambos reinos e participa activamente na vida social e política de ambos territorios. Nesta caso no ámbito xurídico que no seu momento acadou sona en toda Europa e que hoxe cómpre rescatar do esquecemento e recuperalo á memoria da nosa cidade.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...